Obradoiros para adestrar a emprendedores 2.0 (27/10/2011)

A Consellería de Economía e Industria promove, a través da sociedade BIC Galicia, tres talleres denominados Emprendedor 2.0, cos que se quere dar a coñecer, tanto a emprendedores como a futuros empresarios, o novo escenario xurdido a partir das transformacións permanentes das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC). Estas accións formativas, en colaboración coa Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) e coa Fundación CEL de Lugo, levaranse a cabo nas sedes da UNED en Ferrol, o 26 de octubre, na Coruña, o 7 de novembro, e nas instalacións do viveiro de empresas da Fundación CEL (Lugo), o 16 de novembro.

Os talleres, de 4 horas de duración, foron desenvolvidos por BIC Galicia e están deseñados co obxectivo de aproximar e introducir aos asistentes ao novo entorno denominado web 2.0, que ofrece novas formas de acceso á información e que está a transformar a comunicación entre as empresas e os seus clientes, mediante o uso de aplicacións tecnolóxicas que permiten a colaboración dos usuarios.

 

Fuente: Emprendia

 
< Anterior   Siguiente >


La Atalaya del Emprendedor
en Twitter
Escuela de Negocios Caixanova