Xornada: "Social media marketing: o entorno 2.0 AEMOS” (15/11/2011)

A Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, celebra a Xornada de balde "Social Media Marketing: O entorno 2.0", ao abeiro do proxecto CECOTRAN, da CEP, e co financiamento do IGAPE.

Obxecto:

1. Aplicar as técnicas en Marketing Directo Interactivo na xestión integrada de campañas 2.0

2. Analizar a estratexia e planificación do Social Media Marketing no entorno da eurorrexión

3. Comprender as novas formas de comunicación na rede

4. Analizar a importancia das redes sociais dende o punto de vista empresarial

Destinatario: Empresarios, directivos e emprendedores, así como responsables de economía social, fundacións e asociación interesadas en coñecer ferramentas específicas e experiencias para poñer en valor as súas accións en Social Media Mk

Data: 24 de Novembro 2011

Horario: De 18.30h a 20.30h

Lugar: Asociación de Empresarios de Mos – AEMOS Estrada de Peinador, 41 – 36416 MOS (Pontevedra) Notas: Inda que a xornada é de balde, por motivos de aforo, faise necesario a inscrición

Máis información:

www.aemos.es

www.aemos.es/insere

 

Fuente: Agestic

 
Cursos para emprendedores y empresarios de BIC Galicia (14/11/2011)

O Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia), creado en 1991, é un organismo dependente da Consellería de Economía e Industria, que ten entre as súas funcións fomentar o espírito emprendedor, apoiar a creación de empresas, dotar os futuros empresarios dos coñecementos e habilidades necesarias para xestionar a súa empresa e apoiar a consolidación e innovación no tecido empresarial galego. As actividades formativas deste mes de novembro, das que se ten toda a información na sección formación (enlace externo a AGESTIC) da web oficial de BIC Galicia, son as seguintes:


■16/11/2011 Seminario de Motivación Emprendedora - Fonsagrada
■16/11/2011 Taller emprendedor 2.0. Lugo
■16/11/2011 Seminario de xeración e maduración de ideas - O Grove
■21/11/2011 Seminario de xeración e maduración de ideas - Cangas
■23/11/2011 Seminario de Motivación Emprendedora - Mos
■23/11/2011 TICemprende: Cómo facer un plan de negocio como estratexia de internacionalización para empresas Tic Santiago de Compostela
■25/11/2011 Seminario de Motivación Emprendedora - O Incio
■25/11/2011 Seminario de xeración e maduración de ideas - Tomiño
■29/11/2011 Seminario de Motivación Emprendedora - Salceda de Caselas

Fonte: Agestic/BIC Galicia

 

 
I Edición dos Premios INCUVI-Emprende (11/11/2011)

O obxecto desta edición é promover e premiar a elaboración dunha idea de negocio creativa que poderá basearse en calquera das ramas do coñecemento contidas nos plans de estudo da Universidade Vigo.

Está destinado a estudantes da Universidade de Vigo ou titulados na mesma no curso 2008/09 ou posteriores.

Concederanse 6 premios, consistentes nunha subvención dos costes da estadía por un período máximo dun ano nun dos espazos da preincubadora INCUVI. A estancia suporá a dispoñibilidade dunha oficina de 15 metros cuadrados, acondicionada con mobeis de oficina e aire acondicionado individual, así como o servizo gratuito de electricidade, limpeza e ADSL.

O prazo de presentación de instancias remata o 1 de decembro de 2011.

Máis información: Vicerreitoría de Transferencia de Coñecemento Edificio Xerencia Campus de Vigo 36310 Vigo España Tel. 986 818 710 Fax 986 813 919 www.uvigo.es Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

 Fuente: Agestic

 
II Xornada empresarial (10/11/2011)

Organiza: Asociación de Xoves Empresarios de Bergantiños

Obxecto: Dar a coñecer a normativa en vigor que afecta ao tecido empresarial,

■ Lei de Servizos, Lei de Ordenación Urbanística
■ Axudas, en vigor ou previstas para o ano 2012, dirixidas a crear e consolidar empresas (IGAPE E GDR)
■ Lei de Prevención de Riscos, unha exposición teórica da lei acompañada dun taller práctico de Traballos en Altura
Destinatario: Empresarios, directivos e emprendedores, así como responsables de fundacións e asociación

Datas: 11 e 12 de Novembro 2011 Horario: Venres 11: de 16:00 á 19:00 h. Sábado 12: de 10:00 á 14:00 h.

Lugar: Pazo da Cultura de Carballo Rúa do Pan, s/n. Carballo

Notas: Inda que a xornada é de balde, por motivos de aforo, faise necesario a inscrición no teléfono 981.756.313, e-mail Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

Fuente: Agestic

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>

Resultados 26 - 30 de 657


La Atalaya del Emprendedor
en Twitter
Escuela de Negocios Caixanova